sexta-feira, 17 de abril de 2009

2 comentários:

A profa disse...

Ola, foi un pracer atopar o teu blog. Gústannos moito as túas creacións. O primeiro cadro que mercamos para a nosa casa foi unha obra túa, disto hai anos, nun restaurante da parte de Ponteceso chamado Mar de Ardora onde tiñas unha exposición pero nunca tivemos o pracer de te coñecer en persoa. É unha parella bailando nunha verbena e témoslle especial cariño. Só queríamos felicitarte polas túas obras tan fermosas e desde hoxe xa te engadimos no lector de sementes para non perdernos ningunha das túas obras.
Por certo, ese mural en Mugardos que estades a facer nalgunhas fotos, onde se pode ver?
Saúdos e apertas.
Pilar e Roxelio

leandro disse...

olá Pilar e Roxelio!
sei de que exposiçom falades pero nom me dou conta do cadro!?
estou-vos mui agradecido polas felicitaçons, alegro-me de que vos gustem as obras.
o mural de Mugardos está rematado e é a escola municipal de música.
fai dous ou tres verans que o pintamos, foi umha bonita experiência de "Lamas y la peña"

saúdos!!